Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo deconvencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana paraque vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichadocoa propiedade.Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegaisamparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible naque o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutíspresións, as medias verdades susurradas, a tensión ambientalpermanente, conforman a contorna na que respiran día a día unhagaleríade personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desdeo colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignacióncabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso devivirsobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura,alembranza, o agarimo, o humor... e os arroutos de dignidade mesmono contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteressecundariosque poboan o relato complementan unha visión daquela Galiciadesapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que asreco?ecera como tales.