Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan ninenredan coma se facía décadas atrás. E a mudanza dos tempos. Os novosmedios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) asícomo unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso danatalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no mediourbano quer no medio rural -aínda conservando este toda a xeografía do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo istoaínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer dascrianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefasescolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogolibre e creativo. Quizabes, se os meni?os e as meni?as xogasen como se xogaba encreatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón deser.